miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Baixan de novo os casos activos en Galicia ata situarse en 3.235, 476 en Santiago

Baixan de novo os casos activos en Galicia ata situarse en 3.235, 476 en Santiago
Baixan de novo os casos activos en Galicia ata situarse en 3.235, 476 en Santiago

Un total de 5.981 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.235, 122 menos que onte. Deles 787 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 632 da de Ourense, 194 da de Pontevedra, 768 da área de Vigo, 476 da de Santiago, e 151 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 261 están en unidades de hospitalización e 2.937 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.981 persoas curadas, rexistrándose 557 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 101.036

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,6% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte faleceron 2 persoas en centros residenciais. Estes 2 falecementos tiveron lugar na residencia de maiores Santa Teresa Jornet (A Coruña).

Trala revisión clínica dos casos retíranse cinco falecementos cuxa PCR era negativa. Dous en hospital e tres en centro residencial: un falecido na residencia N.S. da Esperanza (Ourense), un na residencia de Bande e outro na residencia de DomusVi Barreiro (Vigo). Tamén se traslada aos falecementos en hospital un que se computara inicialmente, por erro, como falecemento na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela).


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más