Día do traballo pasado por auga en Compostela
08:00 01/05/20
08:00 01/05/20
En Santiago a temperatura rondará os 14 graos
Continuaremos unha xornada máis con ventos do suroeste, polo que de novo o día será de ceos anubrados, con chuvias intermitentes que irán sendo máis ocasionais co avance do día, sobre todo no oeste de Galicia. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará do suroeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña.
En Compostela teremos ceos con nubes e claros. Agárdanse precipitacións ao longo de todo o día. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso notable.