miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A desescalada preocupa a Bugallo que espera cambios

A desescalada preocupa a Bugallo que espera cambios
A desescalada preocupa a Bugallo que espera cambios

Apela á responsabilidade dos comerciantes para controlar o aforo e evitar concentracións de persoas a partir do próximo 11 de maio

A preguntas xornalísticas, o alcalde expresou unha "preocupación grande" polo plan de desescalada, porque "aínda está moi pouco determinado" e é "bastante previsible que haxa axustes importantes ao longo destes días". De todos os xeitos, explicou, "nós estamos traballando e encargouse a cada departamento que prepare o plan de desescalada en cada unha das áreas" en función das medidas que se vaian concretando no plan do Goberno central.

Á espera de clarificación está o Concello, por exemplo, no tema das terrazas, pero o alcalde indicou que "a minoración do número de mesas e cadeiras é inevitable" e "non é posible triplicar o espazo das terrazas", aludindo á necesidade de asegurar a circulación das persoas pola vía pública. En calquera caso, anunciou que se analizará cada caso concreto.

Sobre a apertura do comercio apuntou que lle parece "positivo que o comercio poida abrir a partir do día 11. Os comerciantes deberán controlar o aforo en cada establecemento, evitar concentracións de persoas e, na medida do posible, dotarse de máscaras e luvas". En relación a este equipamento, afirmou que "a día de hoxe hai máscaras á venda nas farmacias de Santiago e de momento non está existindo un problema de subministro". 

Comentarios
Lo más