Novo luns de manifestación virtual para os pensionistas de Santiago
07:30 03/05/20
07:30 03/05/20
Así o fixeron no primeiro luns de Abril cando xa non podían sair e ir ao Obradoiro
Dada a situacion de Alerta Sanitaria na que nos atopamos, a Asociación de pensionistas non pode ir como cada primeiro luns de mes ao Obradoiro na súa loita por unha pensión digna. Desde a asociación queren, como xa fixeran a principios de abril, facelo de forma simbólica lucindo os seus chalecos desde as ventás e balcóns da cidade.
Dende a Plataforma creen que é importante non abandonar a loita e que as súas demandas sigan chegando á sociedade. Os xubilados de Santiago esixen que a pensión mínima debe ser igual ao salario mínimo e alcanzar os 1.084 euros.