As chuvias persisten este martes
A temperatura en Santiago oscilará entre os 8 e os 15 graos
O martes Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada ao noroeste que enviará unha fronte ao final do día. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántica onde se poderá rexistrar algún chuvasco. Pola noite os ceos quedarán cubertos e as chuvias chegarán a toda a Comunidade co avance da madrugada. As temperaturas mínimas sufrirán lixeiros descensos mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do suroeste, intensificándose co avance do día, ata quedar forte en todo o litoral pola noite.
En Santiago este martes espérase un día con nubes e claros e posibilidade de precipitacións pola mañá e pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.