O Concello instala unha carpa xunto ao Centro de Saude de Fontiñas na que se realizan test epidemiolóxicos
Concello de Santiago de Compostela vén de ceder unha carpa, instalada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a carón do Centro de Saúde de Fontiñas, na que, dende este luns, se están realizando os test da primeira fase do estudo epidemiolóxico que servirá para definir a dimensión da epidemia da COVID-19
A petición formalizouse a través da Concellaría de Políticas Sociais e Saúde, que dirixe Mila Castro; e a través do Departamento de Seguridade Cidadá, dirixido polo concelleiro Gonzalo Muíños.
A finalidade destas análises, postas en marcha pola Xunta de Galicia, é triple: estimar a prevalencia da inmunidade fronte á COVID-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información. Está previsto que nesta primeira fase, que comezou o pasado xoves, se realicen en Santiago 1.650 test en diferentes centros de atención primaria.