miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A oposición pide a Bugallo que esixa ao Goberno central que cofinancie a nova depuradora

A oposición pide a Bugallo que esixa ao Goberno central que cofinancie a nova depuradora
A oposición pide a Bugallo que esixa ao Goberno central que cofinancie a nova depuradora

A proposta de Acuaes implica que os compostelanos terán que pagar a depuradora. Unha instación de 56 millóns de euros sen fondos europeos. Unha proposta que enseguida recibiu resposta da opsición que lle esixe a Bugallo que lle reclame ao Goberno que parte o que lle corresponde 

Dende o Grupo Municipal poular apuntan que a  práctica certeza de que a construción da nova depuradora de Santiago non poderá acceder, para o seu financiamento, a fondos comunitarios non debe implicar, a xuízo dos Populares, que a maior parte do seu custo se traslade os contribuíntes santiagueses, debendo ser o Estado, cos seus propios fondos, o que faga a principal achega e o que asuma a súa responsabilidade nunha instalación fundamental, que a propia Administración central declarou en 2001 como unha “obra de interese xeral do Estado”.

Sen menoscabo de que no seu momento se poidan dilucidar responsabilidades históricas ou esixir responsabilidades políticas non tan históricas, o Grupo Municipal Popular entende que o que agora urxe é instar ao Executivo central a que ofreza garantías xuridicamente esixibles respecto ao financiamento estatal da depuradora, porque non se pode aceptar que o custo total desta obra recaia unicamente na Xunta de Galicia –que xa reiterou en diversas ocasións o seu compromiso de asumir o 20% da obra- e o 80% restante se lle cargue ao Concello de Santiago ou, o que é o mesmo, se repercuta directamente no peto da veciñanza, mentres o Estado –a diferenza do realizado noutras cidades- se desentenda totalmente de calquera participación con cargo aos seus orzamentos.


Ao mesmo tempo, os Populares solicitaranlle ao alcalde que convoque unha Xunta de Portavoces, a fin de que informe sobre o horizonte construtivo e financeiro da nova depuradora, ao tempo que a deputada nacional do Partido Popular, Marta González, procurará unha resposta do Goberno central.

Pola súa banda, a portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Goretti Sanmartín, reclama a convocatoria dunha Xunta de Portavoces extraordinaria “para pedir explicacións e demandar información sobre o borrador do novo convenio que Acuaes enviou ao Concello de Santiago para realizar a estación depuradora de augas residuais, toda vez que, polos datos que transcenderon, se se perden os fondos europeos e o Concello terá que asumir o 80% pese tratarse dunha obra de interese xeral”.

Goretti Sanmartín lembra que o BNG leva anos a insistir na necesidade de axilizar esa obra, tanto para evitar a perda dos fondos europeos como para deter a contaminación ao río Sar e á ría de Noia, pois as actuais instalacións resultan insuficientes para efectuar a depuración de augas dunha poboación como a de Santiago na actualidade.

Segundo a información que transcendeu, a Xunta poría un 20% do valor da infraestrutura mais o Ministerio de Transición Ecolóxica non consigna fondos para esta obra e, aínda que Acuaes asuma un adianto de 30 millóns do orzamento estimado en 56,28 millóns de euros (máis ive), o Concello de Santiago deberá devolver esa cantidade xunto cos custes da operación. Neste sentido, Goretti Sanmartín advírtelle ao alcalde que debe facer prevalecer “os intereses de Santiago para que o Goberno do Estado asuma a parte que lle corresponde”.

“Esta foi a peor herdanza que deixaron os gobernos de Compostela Aberta e do PP cos seus tres alcaldes pois son todos corresponsábeis desta situación e agora, en tempos de crise, xa se vía que de producirse a perda dos fondos europeos por atrasos na tramitación da estación depuradora ía repercutir nas arcas municipais o seu financiamento e ter que saír o diñeiro dos petos da veciñanza de Santiago”, advertiu Goretti Sanmartín.

Comentarios
Lo más