Esta sábado volve a chuvia a Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 22 graos
O sábado Galicia continuará con inestabilidade atmosférica. Polo tanto, teremos unha mañá de ceos cubertos ao norte e alternancia de nubes e claros no resto do territorio. Co avance do día medrarán nubes de evolución que deixarán chuvascos treboentos localmente acompañados de saraiba, máis probables no interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso nas Rías Baixas pola tarde.
En Santiago espéranse ceos con nubes e claros ó comezo do día, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o sábado pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán notablemente.