miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Brión e Ames reparten os libros e material necesario entre o alumnado

Brión e Ames reparten os libros e material necesario entre o alumnado
Brión e Ames reparten os libros e material necesario entre o alumnado

Ambos concellos, en colaboración cos centros escolares, comezaron o reparto a domicilio do material escolar do terceiro trimestre

O Concello de Brión, en colaboración coas direccións dos distintos centros de ensino do municipio, vai repartir a domicilio o material escolar do terceiro trimestre e equipos informáticos entre o alumnado do municipio. Unha iniciativa posta en marcha polos departamentos de Cultura e Servizos Sociais de Brión, en coordinación coas direccións dos centros de ensino brioneses.

A concelleira de Ensino, Sandy Cebral, explica que “nestes momentos estamos recollendo nos centros educativos os equipos informáticos e o material escolar que será repartido polas casas de todo o concello por persoal municipal dos departamentos de Cultura, Deportes, Música e Novas Tecnoloxías”. Así mesmo, destaca que “seguiremos mantendo o contacto coas direccións dos diferentes centros de ensino deste concello para axudalos en calquera cousa que poidan necesitar”.

En Ames, este martes, 21 de abril, comezou a distribución do material dos centros educativos que así o solicitaron, o que permitirá chegar aos fogares de preto de 1.000 alumnos/as ao longo desta semana e poder facilitar a continuidade das actividades lectivas ata o final do curso.

No dispositivo de reparto participan, ademais dos propios centros escolares, voluntarios/as de Protección Civil, persoal municipal da Brigada de Obras e da Rede Municipal de Comedores Escolares, coordinados pola Concellaría de Educación.

Reparto material escolar



Comentarios
Lo más