Cortes de tráfico en varias rúas do Ensanche por obras de arranxo da calzada
Durante a presente semana levaranse a cabo traballos de arranxo do pavimento da calzada en varios puntos do Ensanche, polo que as rúas afectadas quedarán cortadas temporalmente ao tráfico durante a realización das obras
As obras a relizar seguirán o seguinte calendario:
Mércores 22 de abril:
- rúa de Santiago de Chile, de 8:30 a 10:30 horas.
- rúa da Rosa, de 10:30 a 16:00 horas.
- praza de Puente Castro, de 16:00 a 19:00 horas.
O corte na praza de Puente Castro (dende Doutor Teixeiro a Xeneral Pardiñas e A Rosa) afectará ás liñas 6 e C11 do transporte urbano:
- Liña 6 (servizo con saída de San Marcos das 16:00 h): dende Doutor Teixeiro, desvío polo Hórreo cara Galuresa. Quedan suprimidas as paradas da rúa da Rosa e de Santiago León de Caracas. Esta última realizarase de xeito alternativo na parada que está ao carón na vía principal da rúa do Hórreo.
- Liña C11 (servizos con saída do Camiño Francés das 15:50 e 16:10 h): dende Santiago de Guayaquil, os autobuses irán polo Hórreo ata a parada da praza de Galicia (ferraxería). Quedan suprimidas as dúas paradas de Xeneral Pardiñas.
Xoves 23 de abril:
- rúa da República Arxentina, de 8:30 a 10:00 horas.
- rúa de Alfredo Brañas, de 10:00 a 14:00 horas.
- rúa da República do Salvador, de 14:00 a 15:00 horas.
- rúa de Frei Rosendo Salvado, de 15:00 a 16:00 horas.
- rúa de Fernando III O Santo, de 16:00 a 19:00 horas.
O corte na rúa da República Arxentina afectará ás liñas 5 e C4 do transporte urbano:
- Liñas 5 e C4 (nos servizos con paso pola rúa nese horario): dende a avenida de Ferrol, os autobuses irán sen servizo por Rosalía de Castro, praza de Galicia e Doutor Teixeiro, retomando os seus itinerarios na praza de Puente Castro: a liña 5 cara a rúa de Xeneral Pardiñas e a liña C4 cara a rúa da Rosa. Quedan suprimidas as dúas paradas da rúa da República Arxentina.
O corte na rúa da República do Salvador afectará á liña 5:
- Liña 5 (nos servizos con saída de Vite e con paso polas rúas nese horario): dende Doutor Teixeiro, os autobuses desviaranse pola rúa da Rosa e Santiago de Chile ata o derradeiro tramo de Frei Rosendo Salvado. Quedan suprimidas as paradas de República do Salvador e Frei Rosendo Salvado. Esta última realizarase de xeito alternativo na parada que está en Santiago de Chile, cruce con Frei Rosendo Salvado.
Venres 24 de abril:
- rúa de Antonio Casares, de 8:30 a 10:00 horas.
O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.