Xornada intermedia este martes en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 16 graos
Galicia atoparase nesta xornada nunha situación intermedia entre as baixas presións do Mediterráneo occidental e as altas nos Países Nórdicos. Deste xeito os ceos presentarán máis nubes canto máis ó norte, onde mesmo haberá posibilidade de chuvias febles pola mañá. Xa pola tarde irán diminuíndo as nubes, quedando algún chuvasco ocasional.
As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas no norte. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico.
En Compostela preveense ceos con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o martes pola mañá e o martes pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.