Denuncian el cierre de la nave 5 de la Plaza
O peche desta instalación semella evidenciar que os postos veñen funcionando principalmente como locais de hostalería e non como postos de venda de produtos elaborados ou semipreparados
Nun comunicado do Grupo popular relata que o pasado sábado -cando menos-, coa Praza de Abastos cunha nutrida presenza de consumidores, a Nave 5 permaneceu pechada a cal e canto malia que os postos adxudicados polo Concello teñen como principal destino a venda para o consumo a domicilio dos produtos elaborados e semipreparados.
"De terse producido un peche indefinido durante a vixencia do estado de alarma, dita situación evidenciaría que os postos se consideran así mesmos locais de hostalería -obrigados ao peche- e non locais de venda -autorizados para abrir-, revelando tal peche -de confirmase- unha fraude propiciada no seu día polo Goberno de Compostela Aberta e consentida polo actual Goberno do PSOE, na explotación dunhas concesión administrativas pensadas, entre outros fins, para favorecer aos produtores locais e dar oportunidades de emprego", apuntan os populares.
A xuízo dos Populares, salvo que concorra algunha causa que explique e xustifique o aparente peche, resultaría “ofensivo, xa que, mentres centos de comercios co desexo de abrir son obrigados a permanecer pechados, pola contra, uns postos coa obriga de prestar un servizo público de venda -dado que son concesións administrativas- se permitan a licenza de pechar”.
É por todo iso polo que o Grupo Popular presentará unha serie de preguntas a fin de que o Goberno municipal explique o peche da referida Nave.