miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un camión quitaneves desinfectará hoxe as rúas de Sigüeiro

Un camión quitaneves desinfectará hoxe as rúas de Sigüeiro
Un camión quitaneves desinfectará hoxe as rúas de Sigüeiro

Despois das xestións realizadas polo Concello de Oroso coa Delegación do Goberno en Galicia e a Demarcación de Estradas, o camión estará hoxe en Sigüeiro.

Unha máquina quitaneves do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana estará hoxe ás 19:00 horas en Sigüeiro para nebulizar as súas rúas cun producto desinfectante, unha medida máis para evitar os contaxios por coronavirus.

“Como concello, queremos tomar todas as medidas posibles para reducir o impacto desta crise, por iso solicitamos que a Delegación do Goberno incluíra Oroso e o seu centro urbano nunha das rutas dos camións”, explica o alcalde, Manuel Mirás.

O camión percorrerá as principais rúas de Sigüeiro coa axuda da Policía Local e Proteccción Vicil, dispersando unha solución de auga con hipoclorito sódico para desinfectar os espazos públicos.

Comentarios
Lo más