jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Ames facilita a relación de establecementos abertos durante o estado de alarma e lembra as normas para saír a mercar

Ames facilita a relación de establecementos abertos durante o estado de alarma e lembra as normas para saír a mercar
Ames facilita a relación de establecementos abertos durante o estado de alarma e lembra as normas para saír a mercar

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, facilita a relación de establecementos que permanecen abertos durante o estado de alarma

A Concellaría de Promoción Económica lembra que hai que cumprir as normas establecidas para saír a mercar produtos de primeira necidade. Así, so poderá acudir unha persoa por familia, que non presente síntomas (tos, febre, sensación de falta de aire) e, sempre que se poda, os máis fráxiles deben quedar na casa. A persoa que saia mercar, deberá acudir ao establecemento comercial máis próximo ao lugar de residencia procurar mercar os produtos nunha soa ocasión por semana. 

Nos establecementos é necesario gardar unha distancia de seguridade de entre 1 e 2 metros, evitar aglomeracións e usar luvas de usar e tirar, procurando non tocar os produtos expostos, sobre todo froitas, verduras e legumes. Na medida do posible, faranse os pagos con tarxetas ou dispositivos móbiles e evitarase o diñeiro en efectivo. Ao chegar á casa, é recomendable desinfectar os produtos cun pano para evitar a propagación do virus.

Dende a administración local continúase a traballar para ampliar a listaxe de todos os establecementos abertos, coa publicación de novas actualizacións. Se alguén detecta calquera erro ou se decata de que que o seu establecemento non aparece na listaxe, pode enviar un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal. 

1alimentacion


2varios



Comentarios
Lo más