Control exhaustivo das residencias na área sanitaria de Santiago
Distribuíuse material de protección para os profesionais das residencias e impartiuse formación dobre as principais medidas preventivas e de coidados a adoptar nesta situación
A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza está a realizar un seguimento e apoio exhaustivo a todas a Residencias Sociosanitarias do seu entorno e mesmo presta atención sanitaria a doentes infectados con COVID-19 doutras áreas, trasladadas á residencia Integrada Porta do Camiño.
Desde o pasado mes de marzo, a dirección da área sanitaria elaborou o Plan de Coordinación cos centros sociosanitarios para prevención e manexo de casos de sospeita ou infección por virus SARS Cov-2 (COVID-19) no que se estableceu o contacto entre a dirección da área sanitaria e cada unha das residencias, así como a asignación dun médico de referencia para cada un dos 41 centros da área compostelá, no que residen máis de 2.600 persoas. Ademais creouse un equipo de coordinación, seguimento, asesoramento e control para adoptar as medidas preventivas necesarias así como para comprobar o seu cumprimento.
Cada facultativo referente, profesional da rede de atención primaria da área compostelá, realizou diariamente seguimento, valoración e toma de decisións clínicas de xeito coordinado cos profesionais das propias residencias.
Ademais desde a xerencia suministrouselle material de protección a todos os centros e formación aos seus profesionais e asesoramento nas medidas preventivas a adoptar por parte das direccións de cada residencia. Profesionais do Sergas tamén deseñaron os cambios necesarios nos circuítos de limpeza, lavandería e mesmo de eliminación de residuos para poder minimizar os riscos de contaxio. Así mesmo tamén se estableceron os circuítos de atención e criterios de illamento e reubicación interna dos doentes nos casos nos que por criterio clínico se considere como mellor opción o mantemento dos doentes na súa residencia.
Por outra banda, a xerencia compostelá desprazou persoal para a realización de toma de mostras nos residencias, primeiro aos residentes sintomáticos e na actualidade de xeito sistemático a todos os residentes e traballadores. Ata o de agora realizáronse test de detección global (todos os residentes e traballadores) en 15 dos centros situados na área sanitaria de santiago e está planificado rematar cos residentes sociosanitarios ao longo de este mes.
En cumprimento da Guía de prevención e control fronte ao COVID-19 en residencias de maiores e centros sociosanitarios da DX de saúde Pública da Consellería de Sanidade, profesionais da área sanitaria de Santiago “medicalizaron” a Residencia Porta do Camiño para poder acoller aos residentes destes centros infectados con COVID-19 e con dependencia moderada das áreas de Santiago, Coruña, Ferrol e Lugo. Valorándose caso a caso a mellor solución de atención sanitaria para cada un dos doentes.
Residencia San Lázaro
Dos 41 centros da área, a residencia Sociosanitaria DomusVi San Lázaro, en Santiago, conta cun seguimento e apoio máis exhaustivo ao rexistrar o maior número de casos positivos de infección por Covid-19 entre os seus residentes e traballadores. Os contactos iniciais o pasado mes de marzo para avaliar a situación, informar dos protocolos de actuación e dar recomendacións das medidas preventivas a adoptar pola dirección do centro, complementáronse co envío de material de protección aos profesionais e a planificación das sesións formativas aos seus profesionais. Asesorouse á dirección sobre as medidas necesarias para a prevención e o control da infección. Asemade tamén se prestou apoio facultativo e de enfermería in situ neste centro por parte de profesionais da área sanitaria de Santiago.
Trala realización de novos test e debido ao incremento de casos, a pasada semana un equipo da área sanitaria acudiu de novo ao centro para avaliar a situación e verificar o grado de cumprimento das recomendacións das que se informou en marzo. Identificáronse algunhas deficiencias e emitiuse un informe cos requerimentos á dirección, tanto materiais como de recursos humanos, que debería cumprir a residencia para asegurar unha axeitada asistencia sanitaria aos seus residentes. Nun prazo de 24 horas tiñan que comunicar a súa capacidade para subsanar as deficiencias con medios propios. Ante a imposibilidade de acadar o incremento de recursos humanos no período festivo, persoal sanitario da área compostelá acude de novo a reforzar aos efectivos da residencia ata que se incorporen os novos recursos do centro residencial.
A instancias da xerencia sanitaria os servizos de inspección sanitaria visitan posteriormente as instalacións e verifican a subsanación das deficiencias notificadas polo que non se considera necesaria a súa intervención.
O cumprimento das recomendacións sanitarias para a prevención e o control da infección, coa dotación de persoal axeitada, a adopcións dos circuítos de apoio (tanto en limpeza, lavandería, cociña, retirada de residuos...) e asistenciais recomendados, así como a dotación de equipamentos de protección axeitados e o seguimento de medidas de asepsia esixidas permite o mantemento de residentes infectados e sen infección no mesmo centro, situados en plantas diferentes, tal e como acontece mesmo en centros hospitalarios e en domicilios de particulares.
Residencia Integrada Porta do Camiño
Á xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza fixo un esforzo máximo, para poñer en marcha a residencia compostelana Integrada Puerta del Camino, que atende pacientes Covid-19 positivos que teñen unha sintomatoloxía leve e un grado de dependencia de leve a moderado. A ocupación actual é de 72 persoas ingresadas e ten unha capacidade de ata 84 doentes. As tres plantas das que dispón están na súa totalidade abertas.
Os profesionais sanitarios que dan asistencia pertencen á Área sanitaria de Santiago e Barbanza. Son en total, 14 enfemeiras e 4 médicos (un deles é o coordinador), que se veñen sumar ao persoal non sanitario da Consellería de Política Social e contan tamén con apoio de persoal informático ou de admisión da área sanitaria compostelá.
O funcionamento desta residencia integrada é como a de calquera planta de hospitalización dos centros sanitarios da área. Conectada ao Servizo de Admisión, se realizan os ingresos e as anotacións na Historia Clínica Electrónica Ianus e no mesmo programa de farmacia, como una planta máis. Asemade, os circuitos asistenciais son os mesmos e o equipo humano, médicos e enfermeiras, traballan da mesma maneira que se estiveran no Clínico.
Membros da dirección médica e de enfermería, así como das áreas de informática, hostelería e seguridade visitaron o centro e adecuáronno en tempo record e cun esforzo máximo para poñer en marcha esta residencia e poder albergar a todos aqueles pacientes que estaban en residencias e centros de persoas con discapacidade cunha dependencia moderada e sintomatoloxía leve. Así poden levar unha convalecencia moito máis doada grazas ás condicións que ten a residencia Puerta del Camino, que non está acondicionada para atender a persoas dependentes severas.