Martes de chuvia e boas temperaturas en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 21 graos
O martes un centro de baixas presións situado ao oeste de Portugal deixará inestabilidade atmosférica na metade oeste peninsular. Deste xeito, Galicia amencerá con ceos pouco anubrados en xeral. Pola tarde medrarán nubes de evolución formando chuvascos localmente tormentosos, localmente fortes e mesmo acompañados de sarabia, máis probables no interior.
As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará frouxo de dirección variable, sendo de compoñente leste e con intervalos fortes no litoral norte.
En Compostela agárdanse precipitacións ao longo de todo o día unidas a unha subida nas temperaturas que deixará un día con nubes e claros e temperatura agradable.