jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Santiago reparte 13.000 mascarillas en transporte e servicios

Santiago reparte 13.000 mascarillas en transporte e servicios
Santiago reparte 13.000 mascarillas en transporte e servicios

A prioridade, insistiu Bugallo, é "o transporte público e determinados servizos".

O Concello conta con 13.000 mascarillas hixiénicas para repartir en transporte público e outros puntos, como a Plaza de Abastos, como parte das medidas e recomendacións dictadas polo Goberno.

Adquisición e reparto de material

Na Xunta de Goberno deste luns tamén se autorizou a adquisición de dous termómetros dixitais. "A día de hoxe contamos con catro termómetros, con medición por infravermellos, repartidos entre a Policía Local, a UMAD e os Servizos Sociais, pero necesitamos algún máis e temos solicitado outras 10 unidades", explicou o alcalde. Tamén se aprobou a adquisición de 80 máscaras para o persoal municipal.

Seguindo coa cuestión das máscaras, apuntou que xa este luns "se están repartindo as 8.000 máscaras hixiénicas facilitadas pola Delegación do Goberno e outras 5.000 entregadas pola Xunta". Indicou que "o obxectivo é manter o reparto no transporte urbano durante toda a semana" e atender algunhas peticións especiais, como a do Mercado de Abastos, ao que se lle facilitarán 500 máscaras para os/as usuarios/as das casetas". A prioridade, insistiu, é "o transporte público e determinados servizos". 

Comentarios
Lo más