Luns de tempo moi cambiante en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 17 graos
Unha bolsa de aire frío en altura descolgarase durante esta xornada desde as Illas Británicas, polo que a inestabilidade irá en aumento. Isto deixará unha xornada de tempo moi cambiante, con nubes alternando con claros e chuvias durante a madrugada e primeiras horas da mañá, repetíndose pola tarde en puntos do interior. As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado durante este día. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, cambiando a nordés ao final do día.
En Compostela agárdanse ceos con nubes e claros. Haberá posibilidade de chuvia ao longo de todo o día aínda que non se esperan grandes precipitacións. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.