jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O Pino merca 10.000 mascarillas que repartirá entre as persoas empadroadas

O Pino merca 10.000 mascarillas que repartirá entre as persoas empadroadas
O Pino merca 10.000 mascarillas que repartirá entre as persoas empadroadas

Para a semana agárdase o resto do lote, para entregarlle dúas a cada veciño do municipio

O Concello de O Pino leva días facendo xestións para comprar con fondos propios 10.000 mascarillas que repartirá entre as persoas empadroadas no municipio. Onte pola tarde tarde chegou unha primeira partida de 1.000 unidades, que se vai engadir ao material que facilitou a Xunta de Galicia para o Servizo de Axuda no Fogar, Servizos Sociais e persoal municipal que fai labores de limpeza dos espazos públicos.

O alcalde, Manuel Taboada, espera recibir o resto do lote a vindeira semana, ata completar as 10.000 mascarillas. A partir dese momento, dende o goberno local quérense entregar 2 unidades a cada unha das persoas empadroadas no municipio. O operativo concretarase nos vindeiros días, pero a intención do equipo de goberno é que as persoas que residen en Pedrouzo se acheguen ata o concello ou outro punto que se determinará, e persoal do concello repartirá o resto casa por casa nas diferentes aldeas das trece parroquias do municipio.

Para entregar as mascarillas, comprobarase que a persoa que as reciba está efectivamente empadroada no Concello de O Pino.

Comentarios
Lo más