Xoves Santo pasado por auga en Compostela
08:00 09/04/20
08:00 09/04/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 15 graos
O xoves a chegada dunha fronte asociada a unha borrasca situada ao oeste de Irlanda deixará en Galicia os ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente sur.
En Santiago prevense ceos moi anubrados, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións ao longo de todo o día En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente.