O PP pide a Bugallo que non escatime fondos para a reactivación
O Grupo Municipal solicitará a constitución dunha comisión que valore, nas actuais circunstancias, a equidade e a función redistributiva do orzamento e que transparente as partidas menos necesarias e as inexecutables do orzamento do 2020, a fin de habilitar fondos que permitan a concesión de axudas directas a autónomos e pemes
O Grupo Municipal Popular pídelle ao Goberno local que adapte o orzamento municipal ao novo escenario socioeconómico e que non escatime fondos para unha reactivación económica que ten que resultar prioritaria desde a perspectiva orzamentaria.
Para os Populares, “resultaría incomprensible que unha crise socioeconómica tan grave non suscitase unha reacción orzamentaria á altura das circunstancias” e consideran posible habilitar cinco millóns de euros -unha cifra que ronda o 5 % do orzamento municipal- á marxe do que poda resultar do superávit. Malia a diminución que se poda producir nalgunha fonte de ingresos e malia os gastos imprevistos provocados pola xestión da crise. “Un orzamento de ingresos que vai superar claramente os 100 millóns de euros ten que ofrecer marxe para liberar fondos, conforme a un criterio de priorización en favor dos sectores máis damnificados”.
Para iso, os Populares solicitarán a constitución dunha comisión que valore, nas actuais e sobrevidas circunstancias, a equidade e a función redistributiva do orzamento e que valore as partidas menos necesarias e as que deveñan inexecutables do orzamento do 2020, a fin de habilitar fondos que permitan a concesión de axudas directas a autónomos e pemes (e, sinaladamente, ao pequeno comercio).