Mércores de nubes en Compostela
08:00 08/04/20
08:00 08/04/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 17 graos
Unha fronte irase achegando a Galicia durante o mércores. Deste xeito, as nubes irán aumentando a medida que avance o día e xa con algunha chuvia que comezará pola tarde no litoral atlántico. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán frouxos, con predominio da compoñente sur.
En Santiago agárdase unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente.