Os pensionistas viven un primeiro luns de mes diferente
06:30 07/04/20
06:30 07/04/20
Como cada primeiro luns de mes, os pensionistas de Compostela estiveron, esta vez de forma virtual, no Obradoiro
Dada a situacion de Alerta Sanitaria na que nos atopamos, a Asociación de pensionistas non puido ir como cada primeiro luns de mes ao Obradoiro na súa loita por unha pensión digna. Desde a asociación quixeron facelo de forma simbólica lucindo os seus chalecos desde as ventás e balcóns da cidade.
Así, a pesar da situación, "Berraremos tamén en defensa dunha Sanidade Publica e Universal,duns cuidados de calidade para os maiores, por unha adecuada e suficiente dotacion para a Dependencia e, en definitiva, por unha Sociedade mais Xusta, Humana e Solidaria da que temos", apuntaban desde a asociación.