jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Luns de volta ao anticiclón en Compostela

Luns de volta ao anticiclón en Compostela
Luns de volta ao anticiclón en Compostela

En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 7 e os 17 graos

Logo do paso da fronte durante a xornada do domingo, xa no luns iremos quedando progresivamente baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con menos nubes canto máis ó sur e con posibilidade dalgún chuvasco ocasional illado. 

As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre moderado e notable, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos no terzo norte. Os ventos soprarán de dirección variable, frouxos en xeral.

Agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o luns pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán lixeiramente.

Comentarios
Lo más