Sábado de transición en Compostela
As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 8 e os 20 graos
O sábado Galicia quedará nunha zona de transición entre as altas presións en Centroeuropa e a borrasca situada no Atlántico que enviará unha fronte na madrugada do domingo. Así, comezaremos o día cos ceos despexados e co avance da xornada irán entrando nubes de tipo medio e alto.
As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. O vento soprará de compoñente sur, aumentando en intensidade durante o día, sendo xa forte pola noite no litoral atlántico e zonas altas.
En Santiago esperáse un día soleado e con boas temperaturas que dará paso as chuvias ao final do mesmo. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.