Continúa o sol e boas temperaturas en Compostela
08:00 03/04/20
08:00 03/04/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 18 graos
O venres continuaremos con influencia das altas presións, co anticiclón situado ao norte da península. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, con formación de xeadas no interior e as máximas ascenderán, especialmente na metade norte. O vento soprará frouxo de compoñente sur en xeral e de compoñente leste moderado no litoral norte.
En Santiago espéranse ceos pouco anubrados ou despexados preludio das chuvias que chegarán a fin de semana. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.