miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Raxoi quere reducir aínda máis o trasporte público priorizando a primeira e última hora

Raxoi quere reducir aínda máis o trasporte público priorizando a primeira e última hora
Raxoi quere reducir aínda máis o trasporte público priorizando a primeira e última hora

Así o plantexou o alcalde tras a Xunta de Goberno extraordinaria

Na sesión extraordinaria deste xoves tamén se recibiu unha comunicación de Tralusa sobre a reorganización do servizo de transporte urbano. Solicitóuselle á empresa que faga unha proposta alternativa á actual, que está baseada en "apostar por determinadas liñas e horarios a primeira e última hora da mañá, que son as horas de maior demanda.

"O problema fundamental –explicou o alcalde- é que incluso cunha redución ao 32 por cento, o servizo de transporte prestado segue sendo unha barbaridade, porque a demanda é un 95 ou 96 por cento menor en relación a hai un mes. Hai unha sobreoferta, e o mesmo está sucedendo co servizo de taxi.

Hospital de campaña no Multiúsos de Sar
Tamén se acusou recibo da petición da xerente da Área Sanitaria de Compostela para dispoñer do Multiúsos Fontes do Sar como posible hospital de campaña. Déuselle traslado desta demanda ao Consello de Administración de Xade. O Goberno autonómico tamén ten expresado a vontade de contar co Centro Sociocultural do Ensanche como banco de sangue, pero a petición aínda non foi tramitada formalmente, indicou o alcalde.

A propósito deste posible hospital de campaña, Sánchez Bugallo subliñou que "antes de ir a hospitais de campaña, o razoable é esgotar a capacidade sanitaria dos centros públicos e privados".

Tamén sobre a área sanitaria e a pregunta dun xornalista, indicou que non se teñen derivado falecidos doutras cidades para a súa incineración no crematorio de Boisaca. "En Santiago non temos unha marxe moi grande porque na área sanitaria de Santiago, que cubre a metade da Coruña e o norte da de Pontevedra, hai un único crematorio, polo que non temos moita capacidade". 


Identificacións e sancións
Sánchez Bugallo aproveitou tamén a rolda de prensa para ofrecer algúns datos, como as 13 identificacións realizadas pola Policía Local na xornada de onte. Destas, 7 derivaron en propostas de sanción. Tamén se controlaron 145 vehículos. Os datos totais a día de hoxe deixan un balance de 161 identificacións, 101 propostas de sanción e 2.645 vehículos controlados.

Ademais, destacou que, das 537 familias beneficiarias do tícket especial de compra, 509 xa retiraran os seus bonos a día de onte.

Validacións, suspensións e ordes de continuidade
Na Xunta de Goberno tamén se validaron varios dos contratos adxudicados por emerxencia, como o do servizo de vixilancia da UMAD, o seguro de accidentes para as persoas aloxadas no Seminario Menor, o servizo de limpeza e desinfección da Cociña Económica, o servizo de bonotaxi para persoas vulnerables con dificultades para o desprazamento e o subministro de luvas e gafas de protección.

Do mesmo xeito, déuselle orde de continuidade a algúns contratos pendentes: conservación e mantemento dos parques de Brandía e Salgueiriños, mantemento de ascensores en centros socioculturais e servizo de reparación e pquenas reformas.

Finalmente, suspendéronse dous contratos, coas empresas encargadas da xestión catastral e da xestión de multas de tráfico. 
Comentarios
Lo más