Aparecen as nubes como preludio da chuvia
En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 3 e os 13 graos
O martes continuaremos no corredor de isóbaras, formado entre as altas presións situadas ao oeste de Irlanda e as baixas presións achegándose polo suroeste da península. Esta situación traeranos unha xornada de ceos con nubes e claros e con chuvascos ocasionais no terzo norte e no leste, que poderán ser de neve a partir dos 1000 metros pola mañá e dos 1400 metros pola tarde.
As temperaturas mínimas descenderán e as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moderados do nordés, fortes no litoral norte.
Este martes os ceos comezarán a nubrarse en Compostela donde en principio a chuvia non se espera ata o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán notablemente.