Novos horarios e reducción do transporte público
Trátase dunha medida adoptada pola Xunta de Goberno a proposta de Tussa
Unha medida adoptada pola Xunta de Goberno deste luns, a proposta de Tussa, foi a redución da oferta do transporte publico ata o 32%. Esta decisión supón unha nova baixada na prestación do servizo, tras reducirse o servizo hai dúas semanas ao 52%.
De tódolos xeitos, explicou o rexedor, "a oferta segue sendo moito maio que a demanda, que a pasada semana caeu un 92%. Con todo, dixo, optamos por "asegurar un servizo mínimo e por manter os servizos aos hospitais, que se manteñen no 100%; o resto pasa a un 32%".Tamén en materia de mobilidade, a Xunta de Goberno aprobou o acordo subscrito con dúas asociacións de taxistas da cidade para ampliar o servizo de bonotaxi. Tamén se xestionará a través do 010 e está destinado a aquelas persoas con especiais dificultades de mobilidade ou que precisen desprazarse por razóns médicas.
Haberá uns NOVOS HORARIOS no transporte urbano, afectando á práctica totalidade das liñas, que entran en vigor o martes 31 de marzo. Estes horarios están adecuados á demanda actual do servizo. Manterase un servizo continuo e de garantía das liñas que cobren os centros hospitalarios, favorecendo os desprazamentos a usuarios e persoal sanitario. A meirande parte das liñas contará con servizo de transporte a pesar da reducción de frecuencias, garantindo os desprazamentos a primeira hora, mediodía e noite.
Toda a información detallada dos horarios das distintas liñas poden atopala no documento adxunto. Ao longo do día de mañá actualizaranse os horarios na información da propia web e app móbil, para que estean a disposición dos usuarios nas distintas vías.
Reducións no mantemento de parques e xardíns
O Goberno local tamén deu o visto bo a unha modificación no servizo de mantemento de parques e xardíns, reducindo o traballo habitual ao 50%, "de tal xeito que se poidan mellorar condicións de seguridade dos operarios e operarios do servizo", indicou o alcalde. Este traballo será recuperado máis adiante.
Suspensión de obras
Ademais, Sánchez Bugallo anunciou que as obras municipais quedan paralizadas. Unicamente permanecerá activo un retén para conservación e mantemento da Brigada de Vías e Obras e outro retén da empresa responsable da conservación de pavimentos das calzadas.
Velorios e funerais
Finalmente, recollendo o disposto no novo decreto do Ministerio de Sanidade publicado hoxe, o Concello aplicará o disposto nesta norma en relación a funerais e velorios, con maiores restricións que as impostas no seu día polo propio Concello. Así, o decreto só autoriza tres persoas en tanatorios e funerais.