Luns de sol e frío en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 11 graos
Unha masa de aire polar continental comezará a chegar durante este día traendo consigo unha situación de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con algunhas nubes no extremo norte, onde haberá posibilidade de chuvascos que serán en forma de neve por riba dos 600 metros.
As temperaturas sufrirán un descenso que será notable no caso das máximas. Os ventos soprarán do nordés, moderados con intervalos fortes en xeral e moi fortes no litoral e zonas altas.
O sol locerá nos ceos de Compostela para comezar a terceira semana de confinamento se ben arrefriará o tempo. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán. Vento forte do Nordeste do luns pola mañá ó luns pola tarde