miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames e Brión poñen en marcha #EuAdestroNaCasa, un programa gratuíto para que a veciñanza se manteña en forma dende a casa

En colaboración co Grupo Serviocio BeOne que xestiona a piscina de Brión e o Centro deportivo municipal A Telleira en Ames

Ambos concellos poñen en marcha o programa #EuAdestroNaCasa, unha iniciativa gratuíta aberta a todos os veciños e veciñas do municipio que inclúe máis de 300 clases virtuais de tonificación, baile, HIIT, meditación, ioga e pilates para que poidan seguir mantendo a súa actividade física mentres dure o confinamento.

Silvia Fadeville Cajuso, directora da piscina municipal de Brión, explica que “non é o momento de volvernos sedentarios. Ao contrario, debemos estar máis fortes que nunca para poder vencer entre todos esta adversidade. Por iso, Grupo Serviocio BeOne quere abrir esta iniciativa, que puxo ao alcance dos usuarios da piscina, a todos os veciños e veciñas de Brión e de forma gratuíta”.

De feito, para participar só é preciso rexistrarse na páxina web: www.beone.es/behome para obter as claves de acceso á aplicación, que conta con máis de 300 clases virtuais  (tonificación, baile, HIIT, meditación, ioga, pilates...).Ademais todos os días hai clases en directo, gratuítas e en aberto, no perfil oficial de Instragram de BeOne.

Comentarios
Lo más