miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto de 500 familias xa solicitaron o seu tícket especial de compra

Preto de 500 familias xa solicitaron o seu tícket especial de compra
Preto de 500 familias xa solicitaron o seu tícket especial de compra

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que 476 familias xa solicitaron facer uso do ticket especial de compra, o bono posto en marcha polo Concello para que as unidades familiares con máis dificultades poidan adquirir alimentos e produtos básicos nos principais supermercados e tendas de barrio

Sánchez Bugallo declarouse "un pouco sorprendido, porque non esperabamos un volume tan significativo de solicitudes". Das 476 familias solicitantes, 95 viven en Vite e no rural norte; 122 na zona de Fontiñas, San Lázaro, San Marcos, Lavacolla, Sar e Aríns; 78 en Conxo, Castiñeiriño e Pontepedriña; 46 no Ensanche; e 82 na zona histórica, San Lourenzo, Porta do Camiño e rural oeste. A estas hai que sumar outras 53 familias de diversos ámbitos.

A todas estas familias –que contan co correspondente informe favorable de Servizos Sociais- estáselles dando hora para que pasen a recoller os seus tíckets especiais de compra a partir do vindeiro luns. Pero en calquera caso, como lembrou o alcalde, "se algunha familia o precisa antes, poden chamar ao 010 e facilitaríaselles con antelación o vale ou faríase chegar ao seu domicilio un paquete con comida en función dos/das compoñentes da unidade familiar e das necesidades".

O rexedor referiuse a que a principal vantaxe destes bonos de compra fronte á entrega directa é que grazas aos tíckets tamén poden mercar produtos perecedoiros e de hixiene. Hoxe sae nos xornais o listado dos supermercados e tendas de barrio nos que se pode facer uso destes tíckets especiais de compra, cos que "se garante unha distribución axeitada, especialmente no ámbito urbano".

Sobre a entrega directa, lembrou que unhas 200 familias xa recibiron bolsas e caixas de comida procedentes dos bancos de alimentos. Tamén recordou que unhas 400 persoas maiores están acollida ao servizo de axuda no fogar, e que 265 nenos e nenas reciben as súas comidas diariamente co programa de comedor escolar. A estas cifras súmanselle outras 200 persoas máis atendidas pola Cociña Económica a través dun servizo de cátering, e as 24 persoas que estaban na rúa que foron aloxadas en pensións ou no Seminario Menor. 

Comentarios
Lo más