O número de infectados en Galicia sube a 721
12:23 21/03/20
12:23 21/03/20
Así o indican os datos facilitados ás 12 por Sanidade
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 721, deles 195 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 74 da de Ourense,112 da de Pontevedra, 152 da área de Vigo, 108 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 6 altas de pacientes e 12 falecementos. Os tres últimos foron o dunha muller de 68 anos e dous varóns de 93 e 74 anos que estaban ingresados no CHUAC. Todos tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 4.137.