Raxoi únese á campaña ‘Calcetíns desparellos: Tan diferentes como iguais’
Tanto o alcalde como distintos membros da corporación uníronse á iniciativa no día do Síndrome de Down
A Fundación DOWN COMPOSTELA propoñía conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down participando na campaña ‘Calcetíns desparellos’, unha iniciativa coa que quere resaltar a diversidade que existe na sociedade e reclamar a igualdade de oportunidades para todas as persoas. Nesta iniciativa colaboran varios concellos como o de Santiago, Ames, Frades, Negreira, Teo e Trazo.
Así este venres tanto o alcalde como varios membros da corporación uníronse ao movemento promovido pola Fundación compostelá.
A campaña desernvolveuse a través das redes sociais, “e pódese converter nunha actividade na que participen todos os membros da familia. Trátase de buscar nos caixóns calcetíns de diferentes cores, poñelos, facerse unha foto e compartila nas redes sociais cos cancelos utilizando os cancelos #TanDiferentesComoIguais #CalcetínsDesparellos #CalcetinesDesparejados e #DíaMundialSíndromeDown”, sinala o presidente da Fundación.