Down Compostela conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down coa campaña ‘Calcetíns desparellos: Tan diferentes como iguais’
O 20 e 21 de marzo pon calcetíns desparellos, a ser posibles de cores, fai unha foto con eles e súbea as redes sociais
A Fundación DOWN COMPOSTELA, neste momentos de reclusión na casa por mor do estado de alerta xerado pola crise do coronavirus Covid-19, propón conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down participando na campaña ‘Calcetíns desparellos’, unha iniciativa coa que quere resaltar a diversidade que existe na sociedade e reclamar a igualdade de oportunidades para todas as persoas. Nesta iniciativa colaboran varios concellos como o de Santiago, Ames, Frades, Negreira, Teo e Trazo.
A campaña vaise desenvolver a través das redes sociais, “e pódese converter nunha actividade na que participen todos os membros da familia. Trátase de buscar nos caixóns calcetíns de diferentes cores, poñelos, facerse unha foto e compartila nas redes sociais cos cancelos utilizando os cancelos #TanDiferentesComoIguais #CalcetínsDesparellos #CalcetinesDesparejados e #DíaMundialSíndromeDown”, sinala o presidente da Fundación.
“Aínda que nos poñamos calcetíns de cores ou de formas diferentes veremos que son tan diferentes como iguais, como ocorre coas persoas que formamos parte dunha sociedade tan diversa como na que vivimos”, engade.
Juan Martínez recorda a importancia que colaborar nestes intres coas autoridades sanitarias para loitar contra a crise do coronavirus Covid-19 quedando na casa. “Pero tamén dende a casa podemos contribuír e seguir loitando por unha sociedade máis inclusiva”, sinala.