A partir do vindeiro xoves 19 de marzo non se permitirá o cobro en efectivo nos autobuses urbano
Xunta de Goberno ordinaria tomou conta de varias medidas acordadas en relación coa crise do coronavirus, entre elas a eliminación do cobro en efectivo no transporte urbano ou a interrumpución dos prazos dos procedementos administrativos tramitados polo Concello
Antes de nada, o alcalde quixo agradecer á cidadanía de Compostela o seu comportamento durante esta primeira fin de semana de vixencia do estado de alarma. "Hai un seguimento francamente moi positivo do conxunto de normas e medidas", indiciu e engadiu que "non vai ser doado" pero que "traballando entre todos imos conseguir superalo".
O Concello tomou conta e acordou a interrupción de todos os prazos e os procedementos en tramitación, desde periodos de exposición ao público ata o prazo de inscrición nas escolas infantís municipais, que estaba previsto abrir hoxe, etc. Así mesmo, tamén quedan suspendidos os prazos de prescrición e caducidade de todos os procedementos administrativos. O cómputo dos prazos reanudarase cando deixe de estar vixente o estado de alama. No caso de dúbida, pódense empregar os teléfonos de Información Cidadá.Na xuntanza tamén se abordou a situación do servizos de titularidade municipal. A alcaldía estableceu por decreto aqueles que se consideran esenciais e estableceuse o funcionamento dos restantes servizos co obxectivo de que esta situación non supoña a paralización da actividade municipal. O vindeiro mércores terá lugar unha nova reunión da Xunta de Goberno local, en este caso en sesión extraordinaria, na que se abordarán as decisións con relación aos servizos públicos que se están prestando a través de empresas concesionarias (limpeza, alumbrado, parques e xardíns, etc).
En canto ao transporte urbano, tomouse a decisión que non permitir o cobro en efectivo a partir do vindeiro xoves. Os usuarios deberán polo tanto ter a tarxeta ou o abono correspondente, xa que non se poderá comprar o billete dentro do propio autobús. Probablemente a partir do xoves tamén se produza un reaxuste das unidades que prestan servizo. Neste ámbito tamén se tomaron outras medidas como trasladar as máquinas de billetes á parte traseira do autobús ou inhabilitar a primeira fila de asentos para manter as distancias de seguridade co condutor.
O alcalde tamén deu conta de que a Policía local queda ás ordes da Subdelegación do Goberno, aínda que segue a funcionar no Concello o Centro de Coordinación Operativo municipal, que se reúne todos os días.