miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xa son 189 os casos de coronavirus en Galicia

Xa son 189 os casos de coronavirus en Galicia
Xa son 189 os casos de coronavirus en Galicia

O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web https://coronavirus.sergas.es, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos


A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 189, deles 72 son da área da Coruña, 9 da de Lugo, 22 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 36 da área de Vigo, 27 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 148 no domicilio. Por outra banda, rexistráronxe xa as 4 primeiras  altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; e dous falecementos. O segundo falecemento foi dun home de 81 anos, con varías patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus.

O número de PCR realizadas é de 1.390.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.


Comentarios
Lo más