A chuvia volve a facer acto de presencia en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 5 e os 10 graos
O domingo agárdase o paso dunha fronte fría co avance do día. Así comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e a partir do mediodía chegarán as chuvias a toda a Comunidade. Pola tarde e noite os chuvascos poder ir acompañados de aparato eléctrico e mesmo de sarabia. A cota de neve irá en progresivo descenso, nos 1000 metros á tarde e arredor dos 800 metros pola noite.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios ou en lixeiro ascenso mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento comezará o día de compoñente sur e quedará forte do norte tralo paso da fronte.
En Compostela a chuvia fará acto de presencia dende pola mañá e estará presente ao longo de todo o día facilitando así o quedarse na casa. As temperaturas tamén baixarán durante este domingo.