miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sábado de bo tempo para quedarse en casa

Sábado de bo tempo para quedarse en casa
Sábado de bo tempo para quedarse en casa

A pesar do tempo agradable a recomendación sigue sendo quedar na casa e saír o mínimo imprescindible

O sábado continuaremos na influencia das altas presións. Con isto, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados con algunhas nubes baixas no litoral noroeste e bancos de néboa matinais en zonas de interior. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con formación de xeadas no interior mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.

En Compostela, agárdase  unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados nun sábado sen chuvia e temperaturas agradables.En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 4 e os 15 graos


Comentarios
Lo más