Cancelado o pregón, pero non a Semana Santa en Santiago
08:30 14/03/20
08:30 14/03/20
Así o comunicou a Xunta de Confrarías
Reunida a Xunta de Confrarías de forma telemática, tendo en conta a recente situación respecto ao Corvid_19, decidiu adoptar as seguintes decisións:
- Dito acordo responde á decisión tomada onte pola Xunta de Galicia, na que foron anunciadas novas limitacións de aforo para diferentes actividades na comunidade.
- Ambos actos quedan APRAZADOS, ao igual que a Exposición e II Encontro de Semanas Santas de Interese Turístico, aínda que polo momento, ata que se produza unha mellora da situación sanitaria e a administración retire as restricións adoptadas, a Xunta de Confrarías non poderá concretar unha data para a súa celebración.
Xa por último aclarar que, dado que polo momento non houbo ningún tipo de notificación oficial, a Semana Santa continúa con normalidade os seus preparativos de cara á saída das Estacións de Penitencia previstas entre o 3 e o 19 de abril.