miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago reforza a desinfección no transporte público

Santiago reforza a desinfección no transporte público
Santiago reforza a desinfección no transporte público

O alcalde Sánchez Bugallo explicou tras a Xunta de Goberno extraordinaria as medidas adoptadas en canto ao transporte

En relación coa prestación do servizo público urbano colectivo de viaxeiros recóllense, explicou Sánchez Bugallo, as recomendacións da Xunta de Galicia: desaconsellar o uso do transporte público urbano aos seguintes grupos de poboación: a persoas maiores, e persoas especialmente vulnerables ás infeccións respiratorias, a persoas que presenten síntomas respiratorios ou que crean que teñen probabilidade de infección; e a mulleres embarazadas.

En canto á empresa concesionaria do servizo de transporte público "e ás empresas que teñen concertos co concello, requíreselle, segundo explicou o alcalde, "a adopción de todas as medidas de limpeza, hixiene e desinfección" de vehículos tanta veces como sexa posible ao longo da xornada, "para garantir o mellor nivel de calidade e seguridade". En relación ao tanatorio municipal, Sánchez Bugallo indicou que se estableceu un límite máximo de 50 persoas "entre as sete salas e incluído o persoal do centro", aparte de instalar dispensadores de xeles hidroalcólicos invitando aos usuarios a que os empreguen ao acceder e saír do recinto. 
Comentarios
Lo más