Venres soleado en Compostela
08:00 13/03/20
08:00 13/03/20
As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 14 graos en Santiago
O venres quedaremos na influencia das altas presións con circulación do nordés. Esta situación deixa unha xornada con bancos de néboa e nubes baixas á primeira hora, e ceos pouco anubrados ou despexados pola tarde.
As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés con intervalos fortes no litoral das Rías Baixas.
En Compostela esperánse ceos totalmente despexados e temperaturas agradables ao longo de toda a xornada con posibilidade de nubosidade nas primeiras horas do día.