Aberto o Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia
06:30 13/03/20
06:30 13/03/20
O foro arrincou este xoves coa presencia do alcalde Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves no acto de apertura do Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia, que se celebra no edificio CINC da Cidade da Cultura.
O obxectivo deste Foro é servir como escenario de mesas de debate sobre financiación, Industria 4.0 e punto de encontro para facer contactos con outros/as emprendedores/as. É un evento dirixido a emprendedores/as, directivos/as, profesionais, institucións e universitarios/as con inquietudes por desenvolver o seu propio negocio.