miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Investiranse 87.281 euros na pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro

Investiranse 87.281 euros na pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro
Investiranse 87.281 euros na pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do expediente de licitación das obras de pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones Cernadas S.L. por un importe de 87.281,92 euros (IVE incluído)

Esta obra encóntrase incluída no Plan Único de Concellos POS+2019, a través do cal se executarán 13 proxectos. Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e o representante da empresa Construcciones Cernadas SL asinaron o contrato para a execución de dito proxecto. 

Os traballos desenvolveranse en nove treitos de 70x3,50; 20x5,00; 20x6,00; 170x3,50; 260x3,00; 110x3,50; 160x4,00; 150x4,00 e 140x3,25 metros, mediante o emprego de cinco centímetros de saburra e doce de formigón, incluso mallazo e xuntas de dilatación, previa demolición, nivelación e compacto do pavimento existente.

Ademais, previo á execución do pavimento contémplase a canalización de 180 m. (40 e 140 m.) de tubaxe de PVC de 315 mm. de diámetro e execución de 14 m. (2 e 3 de 4,00 m.), para recollida de augas pluviais, previa escavación de gabia e posterior recheo compactado da mesma. 

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “dentro do POS+ 2019 incluíronse diferentes proxectos para mellorar as vías interiores de diferentes núcleos do rural amesán. Neste caso vaise mellorar os viarios do núcleo de Outeiro. Deste xeito, mellorarase o firme de dito camiño co obxectivo de incrementar a seguridade peonil e dos vehículos que circulan por este viario”.

Comentarios
Lo más