Alternancia de nubes e claros en Compostela
08:00 12/03/20
08:00 12/03/20
En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 9 e os 15 graos
O xoves Galicia estará nunha situación intermedia entre o anticiclón das Azores e as baixas presións situadas ao norte das Illas Británicas. Deste xeito, os ceos estarán con alternacia de nubes e claros, quedando máis cubertos na metade norte, onde non se descarta algunha chuvia feble.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos, mentres que as máximas sufrirán moderados descensos. O vento soprará de compoñente norte frouxo, con intervalos moderados no litoral.
En Santiago, teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que descenderán lixeiramente, a pesar de que oscilarán.