miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Este venres sae o primeiro tráiler de tapóns para Hugo

Este venres sae o primeiro tráiler de tapóns para Hugo
Este venres sae o primeiro tráiler de tapóns para Hugo

Este venres día 13 de marzo ás 10:30 h. cargaráse e sairá o primeiro trailer da empresa ODL cheo de tapóns solidarios para Hugo, en favor de Asdent. Esta empresa de Valga (ODL) amosou desde o principio a súa solidaridade para facer o transporte dun

trailer de grandes dimensións cheo de tapóns á recicladora ubicada na Cañiza, en Pontevedra.

María e Fernando, os pais de Hugo, acompañados por Ángel Rodríguez, (concellal de festexos) do Concello de Padrón, José Ramón Pardo (concellal de obras), algún representante da Sociedade Deportiva Esclavitude e dous representantes da empresa ODL, estarán na nave do GES de Padrón para axudar a cargar o camión.

A campaña de tapóns solidarios para ASDENT en Galicia ten unha nova vía, A Cañiza. Desde moitos puntos de Galicia a xente achega os tapóns ó campo fútbol do Esclavitude, onde se montou a zona 0 da solidaridade con Hugo Yáñez, onde se seleccionan e se levan a esta recicladora de Pontevedra.

Desde moitos outros puntos se siguen deixando os tapóns en NACEX, onde os levan directamente a Barcelona coa misma finalidade, financiar a investigación da enfermidade de DENT.

Comentarios
Lo más