miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un dos catro afectados por coronavirus en Galicia entra na UCI

Un dos catro afectados por coronavirus en Galicia entra na UCI
Un dos catro afectados por coronavirus en Galicia entra na UCI

Foi trasladado a noite do venres á Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con prognóstico reservado.

Un dos catro afectados por coronavirus en Galicia foi trasladado a noite deste venres á Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro e atópase con prognóstico reservado.

Segundo informaron fontes do hospital vigués, trátase do home de 43 anos que foi diagnosticado de COVID-19 o pasado xoves, tras a confirmación da análise que se estudou no Centro Nacional de Microbioloxía de Majadahonda.

Tras a confirmación, mantívose illado nunha habitación deste centro hospitalario e ata a pasada xornada permanecía "estable con pneumonía". O seu estado empeorou nas últimas horas e agora mesmo atópase na UCI.

As probas ratificaron o xoves a infección por coronavirus do home de 43 anos de idade que agora está na UCI. El foi o terceiro paciente diagnosticado en Galicia, que antes de estar illado compartiu estancia tres días con outros enfermos.

En concreto, acudira afectado de dor de costas ao centro vigués o pasado 28 de febreiro, pero naquel momento non lle foi detectada unha pneumonía, patoloxía que si se diagnosticou o día 1 de marzo, cando regresou de novo a Urxencias.

O seu caso, pertence ao brote familiar que apareceu en Vigo, xa que a súa muller de 47 anos e o fillo dela, de 15 anos, tamén están infectados. Con todo, ambos atópanse "estables" cos mesmos "síntomas leves" que xa presentaban o venres, tose e mucosidad.

Comentarios
Lo más