A chuvia dará tregua, polo menos unhas horas
As temperaturas oscilarán entre os 4 e os 9 graos en Compostela
A inestabilidade atmosférica de días anteriores irase perdendo durante este día. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos, localmente acompañados de sarabia, máis probables ás primeiras horas, diminuíndo durante o día.
A cota de neve comezará en 1000 metros e irá subindo progresivamente. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará do noroeste, forte no litoral e moderado con intervalos fortes no interior.
En Compostela, a pesar de que seguirán os ceos con nubes e claros, a chuvia parece que dará unha tregua xa entrada a tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.