A Confraría da Humildade presentou a súa revista dedica á Semana Santa 2020
A Confraría da Humildade presentou xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a que será a oitava edición da súa revista.
Na mesma, ademáis de repasar a historia da asociación, o novo volumen dedícalle unha sección especial ás Irmandades no Camiño, na que dá conta da Confraría da Mercé de Ferrol, da Real Confraría do Noso Pai Xesús Nazareno (Cristo Medinaceli) de Bilbao e Real Antiga e Fervorosa Irmandade Mariana e Confraría de Nazarenos do Santísimo Cristo da Humildade, a Nosa Señora das Dores. Doce Nome de María e Santiago Apóstol (Mairena de Alcor) de Sevilla.
Pola súa banda, e en representación da propia Confraría, Beatriz Fernández e Rubén Marcuño, tesoureira e vogal, respectivamente, agradeceron a Política Lingüística a súa colaboración durante estes anos, coa que, ademáis de proporcionar información pretenden dar a coñecer todos os actos que levan a cabo, non só durante a propia Semana Santa, senón ao longo do ano; cos cales procuran que a Humildade teña actividade e vida para fomentar os seus valores relixiosos, especialmente aos máis cativos, posto que a maior parte dos seus Confrades son xente moza a causa da recente creación da Confraría que conta con 11 anos de historia.
Por último, García Gómez felicitou unha vez máis a confraría por apoiar a comunicación e a celebración dos seus cultos e actos en galego" e tamén recordou na súa intervención "a importancia de promover e visibilizar o uso da nosa lingua na confesión relixiosa católica, maioritaria en Galicia, cuxo clero e fieis son maioritariamente galegofalantes".
Triduo Cuaresmal na Honra da Nosa Señora da Humildade
Por outra banda, a Confraría comezará ás 19 horas desta mesma tarde o seu Triduo Coresmal na honra da Nosa Señora de Humildade coa celebración dunha Eucaristía na Igrexa de San Xoán Evanxelista, sita no barrio de Vista Alegre. Xa durante a xornada de mañá, sábado, ademáis da propia Misa á mesma hora terá lugar o Pregón Cofrade a cargo de Luis Seoane.
Xa por último, o domingo ás 12 horas, celebrarán a Eucaristía principal co xuramento de Irmáns e cun Solemne besamáns á súa imaxe titular que percorre as rúas composteláns o Luns Santo.