miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Menos nubosidade, mesma chuvia

Menos nubosidade, mesma chuvia
Menos nubosidade, mesma chuvia

As temperaturas en Compostela oscilarán entre os 9 e os 13 graos

Durante o xoves irá entrando o aire frío sobre Galicia. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade, que poden vir acompañados de tormenta e sarabia. A cota de neve irá en descenso quedando á noite arredor dos 1000 metros.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do noroeste durante o día e á noite será forte de compoñente oeste.

En Compostela espérase que os ceos estén menos anubrados, con nubes e claros, aínda que continuará a presencia de chuvia ao longo de todo o día. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más